Tras la sublevación militar de 1936, el maestro republicano Santiago Marcos, huyendo de la represión fascista, logró esconderse en una bodega familiar de la Castilla rural, donde permaneció oculto veintidós años, tras los cuales fue finalmente detenido. D
Claudio Rodriguez Fer
Claudio Rodríguez Fer (Lugo, 1956) é poeta, narrador, ensaísta e autor teatral. Foi catedrático de ensinanza media en Galicia e profesor das Universidades da Cidade de Nova York, da Bretaña Sur en Lorient e da Alta Bretaña en Rennes, por onde foi investido Doutor Honoris Causa. Exerce na Universidade de Santiago de Compostela, na que dirixe a revista literaria Moenia e a Cátedra Valente de Poesía e Estética. Coordina Unión Libre. Cadernos de vida e culturas. Traducido a numerosos idiomas, recibiu, no terreo poético, o Premio da Crítica Española; no investigador, por dúas veces o Premio Losada Diéguez, e, no académico, o Premio Extraordinario de Doutoramento. Como poeta, agrupou as súas obras en ciclos temáticos: o erótico en Vulva (1990), que contén Poemas de amor sen morte (1979), Tigres de ternura (1981), Historia da lúa (1984), A boca violeta (1987) e Cebra (1988); o fílmico en Cinepoemas (Xerais, 1983); o histórico na Triloxía da Memoria, conformada por Lugo blues (1987), A loita continúa (Xerais, 2004) e Ámote vermella (Xerais, 2009), e o nómade, integrado por Extrema Europa (1996), A unha muller descoñecida (1997), Viaxes a ti (2006) e Unha tempada no paraíso (2010), este último editado cun estudo de Olga Novo. Reuniu toda a súa obra poética verbal en Amores e clamores (2011) e expuxo e publicou poesía visual, ademais de editar co pintor surrealista Eugenio Granell a obra Rastros de vida e poesía (2000). Como narrador publicou Meta-relatos (Xerais, 1988), Os paraísos eróticos (2010) e outras narracións reunidas no libro en Contos e descontos (2011), e como autor teatral editou e representou As costureiras (2006). Como estudoso publicou Antonio Machado e Galicia (1989), Poesía galega (Xerais, 1989), Arte literaria (Xerais, 1991), Comentarios de textos contemporáneos (Xerais, 1992), Comentarios de textos populares e de masas (Xerais, 1994), A literatura galega du...
Ver ficha de Claudio Rodriguez Fer »